topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3474182

Alternativas visuais

js_element_orange
Reclaman a instalación dunha papeleira á beira do colexio das HH. Carmelitas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 de Abril do 2008

zona para a que se reclama a papeleiraO grupo municipal de Terra Galega reclama a reposición dunha papeleira á beira do colexio das HH. Carmelitas.

 

"Despois de que estiveran facendo algunhas obras e ser sitio de paso casi constante para algúns membros do equipo de goberno, seguimos ollando como en moitos casos van a remolque das reclamacións que os partidos políticos da oposición, asociacións, e veciños presentan de xeito oral ou escrito" denuncian.


TG indica que en moitos puntos da localidade, quedan "recordos" do que foi mobiliario urbán, xa que hai sitios donde as papeleiras "brillan pola súa ausencia, sendo unha materia da que fixeron fincapé cando eran oposición, e en distintos puntos da localidade a falla delas e clamorosa".


Sinalan que se atopan diversos lugares que, polo paso do tempo nuns casos e noutros por gamberrismo, dalgunhas queda só un anaco como relembro da súa existencia. "Así, atopamos, que despois de levar a cabo distintas intervencións municipais non se decataron que a veira do Colexio "San José" das HH. Carmelitas, somentes queda un anaco do que no pasado foi unha papeleira".


Critican ao Concelleiro liberado de Servicios e Tráfico e calificano de "miope" para atopar as carencias e as fallas cometidas na súa Delegación que bos cartos nos custan.

 

Finalmente solicitan que de xeito inmediato, "se instale unha papeleira a beira deste centro educativo, se proceda a levar a cabo unha revisión do estado das existentes, cambiando as que fagan falla, e se instalen novas nos distintos puntos da nosa localidade donde se carece delas".

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.