topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3610297

Alternativas visuais

js_element_orange
Educación aumentará as clases de Relixión en detrimento de História, Filosofía ou Educación Física PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 de Abril do 2008

Sánchez PiñónA consellería de Educación, que dirixe a socialista Laura Sánchez Piñón, pretende aumentar as clases de Relixión no Bacharelato en detrimento doutras materias como História, Filosofía e Educación Física.

 

Asi se recolle no Anteproxecto de Decreto polo que se estabelece a ordenación e o currículo de Bacharelato en Galiza.

 

Pero as intencións da Consellaría de Educación de primar a relixión están sendo rexeitadas polo profesorado. Así, a asociación Sine Nómine, integrada por profesores de Filosofía e Historia de secundaria e universitario, iniciou unha campaña de recollida de sinaturas contra as intencións de Educación.

 

Posible folga

A CIG-Ensino pola súa banda, celebrará concentracións o vindeiro mércores 23 diante da sede de Educación e do Consello Escolar -o día que se celebre o pleno- e avisou da posible convocatoria dunha folga o día 29 de abril se non se reabre a negociación sobre o curriculo do Bacharelato.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.