|
O grupo municipal Terra Galega da Guarda, unha vez máis interésanse polo resultado económico da XVII Festa da Lagosta celebrada en xullo do ano 2007 a través dun escrito remitido agora ao Valedor do Pobo.
Despois de reclamar por duas veces aos responsables do goberno municipal as contas e o balánce económico da décimo séptima edición da Festa da Langosta sen recibir unha aclaración das mesmas, e estando xa ás portas dunha nova edición desta festa, veñen de reclamar do Valedor do Pobo o amparo. Alegan dende Terra Galega que no concello atopanse con toda caste de atrancos para poder recabar a información desexada, remitíndoos aos servizos de Intervención e contestandolle estes que a información ao respecto xa lles foi entregada en Secretaría o día 2 de decembro do 2.007. Sobre este informe o mesmo grupo municipal xa denunciara que estaba incompleto, e solicitaban expresamente Aporte Municipal no Presuposto/2007; Factura de lagosta mercada polo Concello; Gastos de persoal non municipal que traballou nesas datas; Factura da Comida Institucional; Facturas de publicidade nos medios de comunicación falada e escrita; Factura de xoiería (Pin do Pregoeiro); Facturas de Actuacións Musicais; Factura de actuacións de ocio e actividades de rúa; Gastos de papelería, talonarios, material de oficina, bolsas, etc; Gastos por ocupación de Zona Portuaria; Relación de Horas Extras de Persoal Municipal e Policia; Ingresos de stands ocupados por negocios non vinculados a restaurantes e Certificación de subvencións si as houbo, entendendo que esta documentación permitiría facer un balance real de ingresos e gastos. Anteriores relacionadas: Terra Galega insiste en reclamar o balance económico da Festa da Langosta 2007 da Guarda Terra Galega solicita o "balance real" da Festa da Langosta 2007 |