|
Cruz Vermella Española na Guarda convoca un curso de interese Sanitario, dirixido a persoas maiores de 16 anos, que estean interesados en adquirir coñecementos acerca de Primeiros Auxilios.
O curso de Primeiros Auxilios, baremable para o Sergas, ten unha duración de 42 horas teórico-prácticas, e celebrarase os días 24 e 31 de Maio; 7, 14 e 21 de Xuño en horario de 9.30-14.00 e de 16:00 a 20:00 horas.
O obxectivo xeral é capacitar aos alumnos para desenvolver correctamente a súa actuación ante unha urxencia, así como facilitar a adquisición de coñecementos e un nivel adecuado de formación en canto aos contidos.
Na súa estrutura o curso inclúe os seguintes módulos:
Autoprotección e Avaliación inicial do paciente, O corpo humano e Soporte Vital Básico, Actuacións clásicas de socorrismo, Shocks, Hemorraxias, Traumatismos, Evacuación de feridos, Intervención en accidentes con múltiples vítimas, Accidentes domésticos, Situacións de urxencia e Prevención de accidentes.
O número de prazas é de 20, e a realización do curso queda suxeita a que se cubran un mínimo de 15 prazas.
O prazo de inscrición termina o mércores 21 de Maio, ou antes se as prazas ofertadas son cubertas, respectarase a orde de inscrición.
Para inscribirse ou obter máis información, non teñen máis que dirixirse a: Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño R/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo (á beira da igrexa Parroquial) Tlf: 986 61 46 09/ 606 34 84 71 |