topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3474180

Alternativas visuais

js_element_orange
O BNG reúnese con afectados da supresión da Tarifa Nocturna PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 19 de Abril do 2008

“O portavoz municipal do BNG responsabilizou ao goberno socialista de Zapatero da desaparición da tarifa nocturna”

O BNG celebrou unha reunión o pasado mércores no Centro Cultural Guardés para tratar a desaparición da Tarifa Nocturna. Ante un centenar de afectados, o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, responsabilizou ao goberno de Zapatero da desaparición desta modalidade tarifaria, cunha decisión tomada de xeito unilateral e pouco transparente de cara aos usuarios.

 

Xan Lois amosou a preocupación do BNG e da Consellería de Innovación e Industria coa desaparición desta tarifa que afecta a uns 180.000 galegos e galegas. Esta preocupación fixo que o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, enviase unha comunicación ao Ministro de Industria solicitando a reconsideración desta supresión desta tarifa.

 

Así mesmo, o BNG presentou unha proposición non de lei no Parlamento Galego na que solicitaba o mantemento da tarifa nocturna ou similar, esta proposición foi aprobada por unanimidade.

 

O BNG tamén presentou unha moción no Concello da Guarda no mesmo senso que foi aprobada por maioría.

 

Na reunión acordouse recoller unha serie de escritos para enviar ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio expoñendo a súa desconformidade coa desaparición da Tarifa Nocturna, solicitando a derogación do decreto de desaparición desta tarifa e axudas para paliar o gasto económico que vai xerar o cambio tarifario ao que se van ver abocados.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.