|
Novas Xeracións celebrou o seu I Congreso Local de Tomiño |
|
|
|
|
Martes, 22 de Abril do 2008 |
|
O pasado sábado celebrouse na sede local do PP de Tomiño unha Asamblea Xeral de afiliados de NN.XX desta localidade para acordar a celebración do I Congreso Local. Ao acto acudiu o presidente provincial de NNXX de Pontevedra, Javier Dorado,o secretario ejecutivo de organización, Fernando Domínguez, xunto con outros membros da Xunta Provincial. Na asamblea tamén estaban presentes membros da Xunta Local do PP de Tomiño.
Dorado expuxo ante os mozos tomiñenses o importante papel que ten a xuventude como motor da sociedade actual e destacou a ilusión e o ímpeto que teñen os mozos populares de traballar polo seu concello. Na asamblea celebrada onte acordouse que o I Congreso Local de NN.XX de Tomiño se celebre na tarde do vindeiro sábado 31 de Maio. O actual presidente da xestora de NN.XX de Tomiño, Esteban González Miranda mostrou a intención de presentarse á eleccion do proceso congresual. |