topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3474176

Alternativas visuais

js_element_orange
A Guarda iníciase no teatro cos Sete Magníficos Máis Un PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 de Abril do 2008

A pasada fin de semana A Guarda convertiuse nun grande espazo para o teatro. Varias programacións de autores galegos e de fóra uníronse a un curso de introdución ao teatro e á dramatización que, impatido pola compañía “Os sete magníficos + 1”, deu oportunidade a 7 persoas da zona de se iniciaren como actrices e actores.

 

Organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello, esta primeira incursión guardesa na docencia teatral da man dos Sete Magníficos + 1 tivo como formador a Fran Rei, membro da compañía. Segundo o profesor, a actividade foi feita e pensada "na liña de ofertar formación teatral, xa que tamén levamos as escolas de teatro de Teo e Cuntis", afirma.

Foron un total de 7, asistentes, 6 mulleres e 1 home. Segundo Fran Rei, as alumnas estiveron moi implicadas e a avaliación da actividade foi "altamente positiva", tanto pola súa parte como pola parte das asistentes, aclara o formador dos Sete Magníficos. De feito, apunta, "falouse da posibilidade de repetir noutra fin de semana".

 

Xa nun apartado máis preto do desenvolvemento do curso, o profesor salienta que, como formador se sentiu moi cómodo, "xa que a xente foi moi receptiva". Como actor, di, "atopeime con un grupo moi creativo e moi predisposto ao xogo e á improvisación", o que permitiu montar un par de escenas finais a partir do aprendido, que resultaron bastante ben, segundo explica Fran.

 

Os proxectos saídos do forno de Coperactiva Cultural e/ou dos Sete Magníficos máis Un sempre levan unha parte moi importante de formación. Sendo así, coma neste caso, o curso oscilou entre xogos básicos de dramatización: desinhibición, presenza escénica e movemento, entre outras técnicas teatrais.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.