topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3453532

Alternativas visuais

js_element_orange
Tomiño contará con rede de distribución de gas natural PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 de Abril do 2008
  • Gas Galicia SDG S.A. será a empresa encargada de realizar a rede de distribución

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, resolveu outorgarlle a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Tomiño.

 

A subministración de gas natural ao termo municipal de Tomiño (Pontevedra) realizarase mediante conexión nun punto de entrega á rede de distribución, situado nas inmediacións do Instituto de Educación Secundaria, desde o que partirá a rede de distribución en media presión ao concello.

A rede de distribución proxectada está formada por unha rede básica de distribución que parte do punto de entrega descrito anteriormente e unha rede secundaria de distribución, constituída polas redes de menor diámetro (menor de 160 mm) que parten da rede básica cara aos distintos puntos de consumo.

A lonxitude prevista para a rede proxectada é de 3,22 quilometros, aproximadamente, dos cales 1,16 corresponden á rede básica e 2,06 á rede secundaria.

O orzamento ascende á cantidade de cento oitenta e catro mil novecentos oitenta e dous euros con oitenta e cinco céntimos (184.982,85 €).

 

A empresa terá un prazo de seis meses, contado a partir da data de publicación da resolución no DOG, para solicitar á Consellería de Innovación e Industria a aprobación do proxecto de execución das instalacións, presentando o proxecto detallado, e debendo cumprirse, en todo caso, os prazos previstos no proxecto de autorización administrativa previa.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.