topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3453517

Alternativas visuais

js_element_orange
O Xulgado recoñece a nulidade dos despedimentos dos traballadores de Marbar PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 de Abril do 2008

Unha sentenza dictada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo recoñeceu a nulidade dos despedimentos dos traballadores de Marbar, cuxo propietario, Manuel Martínez Barros, permanece desparecido dende o pasado 21 de xaneiro.

 

A xuíz declarou a nulidade dos despedimentos e a extinción dos contratos desde o 7 de abril, data a partir da cal establécense as indemnizacións, que oscilan entre os 1.000 euros até os 30.000 euros, en función da antigüedade e categorias dos traballadores.

Asi mesmo, na sentenza tamén se establece a responsabilidade solidaria de todas as empresas que pertencen ao grupo Marbar -Granite 99, Edificacións Marbar, Granitos Tebra e Granitos Marbar- posto que os empregados do grupo traballaban "indistintamente" nelas e a actividade de todas elas está relacionada.

Ademais, recoñécese a antigüidade de case todos os operarios, algúns dos cales estaban vinculados a Marbar desde fai uns 15 anos, a pesar de que os seus contratos eran de só un ano de duración. Nos poucos casos en que non se recoñece esta antigüidade, a CIG, central sindical que presentou as demandas, xa anunciou que recorrerá a resolución xudicial.

No entanto, a execución da sentenza podería atrasarse debido ao recurso da CIG para que se recoñezan todas as antigüidades --aínda que o sindicato pedirá unha execución parcial para que se poidan empezar a cobrar as indemnizacións-- e tamén porque unha das entidades acredoras, o Banco Galego, presentou unha petición de proceso concursal, para que se establezan as preferencias e garantía de cobro.

Relacionadas anteriores:

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.