topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3454098

Alternativas visuais

js_element_orange
Século XXI: sindicalistas inculpados? PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 de Abril do 2008

Xabier Pérez DavilaXabier P. Davila

Subiu a construção

Como se fosse máquina

Ergueu no patamar

Quatro paredes sólidas

Tijolo com tijolo

Num desenho mágico (Chico Buarque)

 

96 traballadores prestarán declaración nos xulgados de Vigo, Tui, Redondela, Porriño e Cangas. A maioría, 90, foron detidos ou identificados nas folgas da construción que permitiron mellorar o convenio colectivo do sector, os outros 6 denunciados traballan no metal.

 

Nas 2 últimas décadas produciuse un transvase de rendas salariais cara os beneficios das empresas que aumentaron un 73% entre 1999 e 2006 mentres o poder adquisitivo real dos salarios permaneceu practicamente estancado. Paralelo á deterioración dos salarios foi o aumento da precariedade laboral. O 83% dos traballadores da construción teñen contratos por obra, é dicir, temporais. O salario dun peón era en 2007 de 13.365 euros anuais brutos. As xornadas adoitan acadar as 11 horas diarias e é habitual que o salario sexa inferior nun 25% ao tempo realmente traballado (A precariedade e sobreexplotación da forza do traballo en Galiza). O sector caracterízase polos altos índices de sinistralidade laboral: o ano pasado 24 traballadores faleceron en Galiza como consecuencia de accidentes de traballo. Por se as condicións de sobreexplotación non foran abondas nos últimos anos o empresariado do sector practica o dumping laboral contratando traballadores inmigrantes con salarios e condicións por debaixo do convenio.

 

Porque non se resignan, para cambiar esta situación mobilizáronse os traballadores en dúas folgas. A primeira convocada en solitario pola CIG no mes de xuño e a segunda xunto con CCOO e UXT no mes de outubro. Alén da recuperación do poder adquisitivo perdido unha das principais reivindicacións era a estabilidade dos contratos. Conseguiuse que en 2008 haxa un 25% de contratados fixos e un 35% en 2009. Dúas duras folgas para conseguir que un de cada tres traballadores teña un contrato indefinido. Aínda os sindicatos haberán manter unha vixilancia atenta para que o acordado no papel sexa realidade.

 

A fiscalía semella lenta, torpe ou ausente cando se trata de denunciar a falta de medidas de seguridade en moitas obras, para sancionar aos empresarios que contratan traballadores portugueses pagándolles por baixo do convenio colectivo, cando se obriga a facer horas extraordinarias, cando non se respectan os descansos legalmente establecidos, cando se utilizan de xeito fraudulento os contratos de obra para cubrir postos de traballo fixos. Mais, a xustiza está alerta para perseguir os traballadores que se mobilizan e loitan por unhas condicións de traballo dignas. A Constitución española no seu artigo 28 recoñece "o dereito á folga dos traballadores para a defenda dos seus intereses" e este forma parte dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas recollidos no Título I da lei.

 

Para alén do seu recoñecemento legal a folga é un instrumento imprescindíbel para equilibrar a relación de forzas tan desfavorábel para os traballadores na empresa. Protexer o seu exercicio é protexer a democracia e a posibilidade de loitar por unha sociedade máis igualitaria. Perseguilo, limitalo é apostar por consolidar unhas relacións laborais inxustas. Por iso estamos cos loitadores pola igualdade, cos sindicalistas da construción.

 

 
Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.