topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3452205

Alternativas visuais

js_element_orange
Medio Rural condena os actos de vandalismo contra as industrias lácteas, que poden dificultar os avances producidos cara o contrato homologado PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 de Abril do 2008

A Consellaría do Medio Rural destaca que un sindicato -en clara referencia a Unións Agrarias- pretende xustificar os actos de vandalismo provocados coa imputación dunha posición totalmente falsa sobre o posicionamento da Xunta. Os propios produtores son coñecedores das múltiples iniciativas postas en marcha e que se aplican na actualidade que teñen como obxectivo fundamental conseguir rendas dignas para os produtores. Ese é un obxectivo prioritario para a Consellaría do Medio Rural.

 

O labor da Consellaría do Medio Rural é de mediación entre produtores e industrias a través da Mesa do Leite, foro de diálogo retomado con este Goberno, que traballa na actualidade para conseguir o contrato homologado.


A Consellaría do Medio Rural ten manifestado neste foro, de forma reiterada, a importancia de apostar pola estabilidade de prezos para os produtores, por vía do contrato homologado, onde se garante un prezo mínimo que permita a rendabilidade das explotacións do noso País.


Para a Consellaría do Medio Rural, ‘mediación' non significa poñerse de parte duns ou doutros, senón buscar o consenso para o beneficio do sector lácteo galego no seu conxunto, por iso insiste neste momento clave na mediación para conseguir un acordo que ofreza estabilidade nos prezos.


A Consellaría do Medio Rural condena os actos vandálicos producidos onte, como xa o fixo anteriormente, contra as industrias do leite e considera que mesmo poden dificultar os avances logrados no grupo de traballo da Mesa do Leite durante os últimos meses de cara á consecución do contrato homologado, que en nada benefician o sector lácteo galego no seu conxunto.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.