|
205.000 euros para a conservación e mellora do estado sanitario dos bosques en Galiza |
|
|
|
|
Venres, 25 de Abril do 2008 |
|
A Consellaría do Medio Rural asinará un convenio de colaboración coa Deputación provincial de Pontevedra para a realización de traballos para a conservación e mellora do estado sanitario dos bosques de Galiza a desenvolver ata o ano 2010, segundo acordou o Consello da Xunta.
Ao abeiro deste convenio, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación provincial de Pontevedra, contribuirá a clasificar as especies patóxenas por parte do persoal científico que dispón nas súas instalacións e laboratorios. Entre as funcións deste convenio está a determinación e clasificación de axentes patóxenos que se desenvolvan, así como a deducción de posibles causas abióticas que se observen nas mostras ou partes de plantas captadas no campo polos servizos forestais. Ademais, estudarán os insertos xilófagos asociados ás masas de piñeiros e a súa incidencia, así como a caracterización poboacional de Fusarium circinatum sobre os diferentes clons de Pinus pinaster situados na horta-sementeira de Sergude. Os traballos de captura e remisión de mostras de plantas e de solos serán coordinados pola Subdirección Xeral de Recursos Forestais, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais. En total, destinarase un orzamento de 205.000 euros, distribuídos en tres anualidades. |