topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456558

Alternativas visuais

js_element_orange
NN.XX de Pontevedra anuncia unha campaña para fomentar a cultura PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 de Abril do 2008

Aproveitando a celebración do Día Mundial do Libro, Novas Xeracións da provincia de Pontevedra presentou nunha rolda de prensa a campaña Culturízate, coa que a organización xuvenil do Partido Popular pretende fomentar o uso da lectura e a cultura entre a xente moza.

 

O presidente provincial, Javier Dorado, asegurou que esta campaña pretende "encher o oco baleiro que deixa a nefasta xestión" da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, quen "gastou máis diñeiro nunha viaxe a Cuba que en fomentar a lectura durante todo o ano 2007".


A campaña, que se extenderá ata o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrará actos na meirande parte dos concellos pontevedreses onde existe xunta local de Novas Xeracións (máis dunha treintena).


2009: Ano da lectura

Unha das actividades centrais desta campaña será a recollida de firmas a prol da declaración do ano 2009 como o ano da Lectura en Galicia. Dorado recordou que a nosa comunidade é a penúltima en hábito de lectura e a última na venda de libros.


O seguimento da campaña se realizará a partires de mañá través dun blog onde se publicarán todas as novas respecto a esta campaña e recomendacións culturais de membros de NN.XX e PPdeG. O dominio será http://culturizate-nnxx.blogspot.com.


Ademáis, NN.XX se sumará ó II Concurso de Poesía en Galego e ó I Concurso de Relatos Curto en Galego organizados dende a Xunta Rexional, entre outras moitas actividades.


Día mundial do libro

Pola sua banda, Rocío Blanco, secretaria executiva de Educación e Cultura e coordinadora da campaña, leeu o manifesto de Novas Xeracións de Pontevedra respecto ó Día do Libro, co que deu comezo esta campaña.


Blanco destacou que este día é "unha gran ocasión para que milleiros de persoas en todo o mundo, honren ó libro, instrumento de expresión, educación, comunicación e cultura".


 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.