|
Terra Galega pregunta quen controla o urbanismo na Guarda |
|
|
|
|
Venres, 25 de Abril do 2008 |
|
O grupo de Terra Galega na Guarda denunica falla de control do urbanismo na Guarda. Reproducimos a nota enviada por este grupo a InfoRosal.com
Moito discurso de legalidade, de igual trato para todos, control e vixilancia de obras, pero o urbanismo na nosa localidade vai.........., ata o de agora, ou pechan os ollos ou miran para outro lado, e somentes actúan cando fan unha denuncia os veciños ou os grupos políticos da oposición para ter a quen botarlle as culpas cando teñen que abrir un expediente ou tomar calquera medida que restitúa a legalidade. Na Comisión Informativa de Urbanismo do 29 de xaneiro do 2008, deuse o visto bo a unha obra que recibiu a Licenza correspondente na seguinte Comisión de Goberno, a cal ten autorización para planta baixa e planta primeira no Coruto Vello. Unha visita as obras, amosa como se está a construír un sótano que non aparece contemplado en dita licencia e como as obras avanzan sen que dende o Concello se tome ningunha medida. Seguimos insistindo que unha imaxe di máis que mil palabras, e o que está a vista non precisa de moita explicación. Dende TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, instamos o Departamento de Urbanismo e o Concelleiro responsable, a que tomen as medidas oportunas de vixilancia e control das obras.  |