topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456406

Alternativas visuais

js_element_orange
Representantes do goberno galego asisten á VI Conferencia da rede de rexións europeas libres de transxénicos PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 26 de Abril do 2008

Representantes das Consellarías do Medio Rural e Medio Ambiente asistiron á VI Conferencia da Rede de Rexións Europeas Libres de Transxénicos, que se celebrou en Bilbao co obxectivo de coñecer os debates que terán lugar no seo desta agrupación, que naceu no ano 2003 a partir da unión de dez rexións que solicitaban o dereito a salvagardar as súas producións agrarias de calidade da introdución destes organismos, así como as conclusións que se deriven dun asunto, nestes momentos de actualidade.

 

A Rede de Rexións Europeas Libres de Organismos Modificados Xeneticamente (OXMs) pretende modificar a normativa comunitaria de forma que sexan as autoridades "rexionais" as que teñan competencias sobre a autorización ou non de cultivos deste tipo. Nestes intres está formada por 43 territorios europeos, entre os que se atopan 15 rexións de Francia, 11 de Italia, 9 de Austria e 2 do Estado español (Asturias e o País Vasco).

 
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.