topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456362

Alternativas visuais

js_element_orange
II Concurso de Poesía e Relato Curto de NN.XX. de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 26 de Abril do 2008

Novas Xeracións de Galicia convoca o II Concurso de Poesía e Relato Curto, co obxectivo de mostrar o seu interese pola cultura.

 

Nese sentido indican que despois do grande éxito acadado co "I Concurso de Poesía en Galego", e co motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, Novas Xeracións de Galicia quere ir un pouco mais alá no seu compromiso ca cultura galega animan ós mozos e mozas galegos que senten inquedanzas no eido da composición poética a participar no "II Concurso de Poesía e Relato Curto en galego"

 

O Concuso de Poesía está dotado dun primeiro premio, consistente nun trofeo acreditativo mais unha cea para dous nun restaurante compostelán, e dun segundo premio, consistente nun trofeo acreditativo. Así mesmo tamén se fará entrega dun diploma acreditativo de finalistas ós 10 mellores traballos a xuizo do Xurado.

 

O Concurso de Relato Curto estará dotado dun primeiro premio, consistente nun trofeo acreditativo e dunha fin de semana para dous nun SPA, un segundo premio consitente nun trofeo acreditativo e dun MP3 e dun terceiro premio consistente nun trofeo acreditativo. Tamén se fará entrega dun diploma acreditativo de finalistas ós 10 mellores relatos a xuizo do Xurado.

 

Bases do concurso

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.