|
A Concellería de Deportes ofrecerá este sábado, día 26 de abril ás 11:30 horas, unha homenaxe ao equipo de cadetes do Tomiño F.C. , polo seu título de campión de liga da segunda provincial cadete 2007- 2008.
O concelleiro delegado de Deportes, Fernando Álvarez quere facer pública a súa felicitación aos compoñentes da Asociación Deportiva Tomiño polos éxitos acadados na Liga Comarcal. A clasificación do equipo foi posible tralo resultado do penúltimo partido da liga, disputado o pasado día 1 de abril, contra o "Santa Mariña B", de Vigo. Este encontro proporcionoulles o punto que lles faltaba para acadar o primeiro posto, e que lles permitirá agora o ascenso á 1ª comarcal. É a primeira vez que os xogadores da Asociación Deportiva Tomiño gañan a liga, habendo batido ademais, o récord de goles, cos 101 tantos que marcaron nos 21 partidos xogados. O concelleiro reiterou o seu apoio a un club que desenrola unha importante labor no eido da formación e o deporte dos máis novos, así como a intención da concellería de seguir apostando polas categorías alevín, infantil e cadetes. |