topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456535

Alternativas visuais

js_element_orange
O TSXG dictamina que Medio Rural actuou de forma correcta na contratación do persoal fixo-descontinuo do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 de Abril do 2008

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de fallar a favor da Consellaría do Medio Rural tras a demanda presentada polo sindicato CC.OO., na que denunciaba irregularidades no cesamento do persoal fixo-descontinuo -que traballa no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF)- na pasada campaña.

 

O Tribunal considera probado que a actuación do departamento autonómico se axusta a dereito, ao suspender a contratación dos 600 traballadores que forman parte deste colectivo no prazo mínimo que figura nos seus contratos (que é de seis meses) e mesmo cunha prórroga superior á de campañas anteriores.


Así mesmo, o TSXG recoñece a capacidade de libre iniciativa da Consellaría do Medio Rural á hora de organizar unha actuación que está considerada de interese público, como é o caso da prevención e defensa contra incendios forestais. Neste sentido, o órgano xudicial avala a capacidade da empresa pública SEAGA (Servizos Agrarios Galegos, S.A.) para xestionar a prevención de incendios, así como o resto de actividades para as que foi creada como sociedade pública.


Con esta sentenza, a Consellaría do Medio Rural entende que se referenda a súa política laboral respecto dos traballadores fixos-descontinuos, logo de que se resolva que non existiu "ningunha práctica abusiva de empresa" na suspensión da súa contración. Deste xeito, o tribunal avala a actuación de Medio Rural á hora de respectar o convenio colectivo vixente para este colectivo e de contratar persoal de reforzo na época de máximo risco de incendios a través de SEAGA, dado que ambas xestións se axustan á lexislación laboral existente.


 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.