topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3453535

Alternativas visuais

js_element_orange
Deportes homenaxea aos cadetes do Tomiño F.C. polos seus triunfos na última temporada PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 de Abril do 2008

A Alcaldesa entrega un agasalloA Concellería de Deportes ofreceu o pasado sábado, 26 de abril ás 12:00 horas, unha homenaxe ao equipo de cadetes do Tomiño F.C. , polo seu título de campión de liga da segunda provincial cadete 2007- 2008.

 

 

O concelleiro delegado de Deportes, Fernando Álvarez felicitou aos compoñentes da Asociación Deportiva Tomiño polos éxitos acadados na Liga Comarcal, e reiterou o apoio a un club que desenrola unha importante labor no eido da formación e o deporte dos máis novos, así como a intención da concellería de seguir apostando polas categorías alevín, infantil e cadetes. "Como concelleiro de Deportes, e en nome de tódolos veciños, quero felicitarvos sinceramente e transmitirvos o orgullo que sentimos polo voso éxito", salientou o responsable da área.

 

Tamén a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deu a súa noraboa aos novos deportistas, asegurándolles o compromiso do Concello co deporte de base.

 

Na homenaxe atopábanse tamén os concelleiros Jesús Castiñeira, Pablo Baquero e Santiago Vergara.

 

Por último, as autoridades fixeron entrega aos cadetes de sendas medallas do Concello, e aqueles intercambiaron camisetas e gorras do club.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.