topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3448897

Alternativas visuais

js_element_orange
Denuncian irregularidades na contratación do avogado-urbanista do concello da Guarda PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 de Abril do 2008

O grupo municipal Terra Galega do concello da Guarda denuncia irregularidades na contratación Asistencia Xurídica Urbanística feita o pasado mes de decembro no concello da Guarda.

 

Indican que "nunha simple revisión da convocatoria para a contratación da Asistencia Xurídica Urbanística, atópanse unha serie de xestións na tramitación desta selección que non cumpren tódolos requisitos legais".

 

Así, na licitación para a contratación polo procedemento negociado sen publicidade, "se invita a tres persoas/empresas a presentar ofertas, e as mesmas comparecen dous profesionais a título persoal e un Despacho de Avogados".

 

Segundo manifestan en nota de prensa os representantes de TG, "a Memoria e a Proposta presentada é feita polo Despacho de Avogados Carlos Potel Lesquereux e Carlos Potel Alvarellos e non por ningún deles a título individual, así mesmo, o Decreto da Alcaldía 0009/2008 do 3 de xaneiro, a mellor proposta e a Resolución Municipal adxudica o contrato a Carlos Potel Avogados, e o mesmo se recoñece na Notificación feita a quen habían presentado a oferta".

 

Sen embargo, na Formalización do Contrato levada a cabo en data do 10 de xaneiro do presente ano, procédese a contratar a título persoal a un dos membros de dito Despacho.

 

Dende TG consideran que o procedemento efectuado non se axusta a legalidade no senso de que "se contrata a unha persoa que por si non concursara, se non que o fixera a través dun despacho, polo que a contratación ten/tiña que facerse o Despacho e non a persoa", matizan.

 

Asi mesmo denuncian "que algúns dos informes feitos para o Concello están feitos co membrete do Despacho e outros a título persoal co anagrama da Concello" e ademais, o aval presentado como fianza para a contratación "si é a título persoal e non do despacho, e os pagos e retencións se están facendo a nome do avogado".

 

TG considera que non se respectou a legalidade no procedemento de contratación, e esixen que se proceda da maneira máis urxente a subsanar estas irregularidades que o seu entender inculcan e invalidan toda a tramitación feita polo Concello.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.