topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3449087

Alternativas visuais

js_element_orange
O BNG solicita que se cumpra o acordo plenario de empedrar o camiño de Brandián en Camposancos PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 de Abril do 2008
  • Xan Lois Lomba: “As obras de formigonado que se acaban de realizar poderían hipotecar o futuro empedrado do camiño”

 

Por medio dun escrito presentado no concello da Guarda o BNG insta ao grupo de goberno a executar o acordo plenario adoptado en setembro do 2003 polo que se debe empedrar o camiño de Brandián sito en Camposancos. Este camiño é transitado por moitos veciños como aceso peonil á praia e pola súa tipoloxía sería un itinerario ideal para pasear, andar en bicicleta, ... Todo isto se menoscabar o dereito dos veciños a ter un acceso digno para ás súas vivendas.

 

Segundo o BNG as obras de pavimentación que se levaron acabo hai días incumpren o acordo plenario de empedrar o camiño que foi aprobado por unanimidade e amplamente xustificado polo daquela portavoz socialista e hoxe alcalde da Guarda. Hai que lembrar que o BNG presentou a moción no momento en que se estaban a facer obras de saneamento que remataron no pavimentado en formigón da parte alta do camiño. Hoxe o actual grupo de goberno actúa do mesmo xeito.


O BNG advirte que as obras de formigonado que se acaban de realizar poderían hipotecar o futuro empedrado do camiño de Brandián, por iso solicitou que non se fixera ningunha actuación máis no camiño que non pase polo empedrado do mesmo.

Camiño de Brandín cementado
Camiño de Brandín cementado /BNG
 

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.