topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456418

Alternativas visuais

js_element_orange
Un convenio con Vivenda e Solo permitirá humanizar a Praza da Mina de Tomiño PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 de Abril do 2008
  • O PP ve “diferencias” no tripartito de Tomiño
  • O pleno aprobou a creación de dúas prazas de autotaxi

A corporación local de Tomiño aprobou no pleno celebrado o pasado venres, 25 de abril, unha modificación de créditos que dará a posibilidade de humanizar a praza da Mina, a través da sinatura dun convenio coa Consellería de Vivenda e Solo. O expediente de modificación aprobouse cos votos do goberno local (BNG, CdT e PSOE) e Alternativa Tomiñesa, absténdose o PP.

 

Nunha sesión caracterizada pola boa predisposición de todos os corporativos, aprobouse por unanimidade e inicialmente a ordenanza reguladora do "Comedor sobre Rodas". O portavoz do grupo municipal de CdT, Jesús Castiñeira, indicou que a intención do goberno é a de que o servizo funcione independentemente das subvencións que se reciban para tal fin, e poder garantir, deste xeito, unha prestación continua e estable para aqueles casos que o requiran.


Tamén por unanimidade aprobouse o convenio coa Consellería de Medio Rural relativo á construción da ponte das Furnias, sobre o río Cereixo, que virá a satisfacer unha reivindicación dos veciños, despois de que as riadas do ano 2006 destruíra a vella ponte que había no lugar. Trala sinatura do convenio, a consellería asumirá co cargo ó seu orzamento, dentro do Programa de Infraestructuras Rurais no ano 2008, o comezo das obras, cun custe de máis de 123.000 euros.


Dúas licenzas de autotaxi

Na sesión de caracter ordinario, aprobouse tamén por unanimidade a creación de dúas novas licenzas de autotaxi que virán a sumarse as xa existentes.


A concelleira de Tráfico e Seguridade, Julia Cascón, explicou que a medida se enmarca dentro do plan de reorganización do servizo que o equipo de goberno quere levar adiante, e que incluirá tamén unha revisión integral da actual ordenanza para mellorar substancialmente o servizo.


As novas dúas licenzas se outorgarán tendo en conta criterios sociais.


O PP ve "diferencias" no tripartito de Tomiño

Segundo o voceiro municipal do Partido Popular, César Pérez Ares, o tratamento da moción do seu grupo relativa a "Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos" onde se solicitaba a eliminación de calquera referencia o viño e a promulgación dunha nova lei específica, suscitou un debate no que se acadou un texto de consenso entre os grupos municipais do PP, BNG, CdT e a negativa a aprobala do PSOE, o que para os populares pon en evidencia a existencia de "diferencias" no tripartito.


Nese sentido, indican dende o Partido Popular, que ven observando as reiteradas discrepancias entre o Grupo municipal socialista e os seus socios de goberno (BNG e CdT), considerando unha proba delo a derradeira revista publicada polo PSOE onde se verten duras críticas ante o "afán protagonista do BNG" e un claro "toque de atención" a este Grupo poñendo en evidencia "as claras disensións que existe dentro dese tripartito".

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.