|
A Corporación municipal de Tui en pleno, celebrará sesión extraordinaria , no Salón de Actos do Concello, hoxe ás 20 horas. A xustificación da celebración da sesión extraordinaria, ven dada polo escrito presentado polos grupos políticos: BNG, PSOE e A.T.
A orde do día será a seguinte: 1.- Debate e adopción de acordo, se procede, sobre ordenación prevista nos terreos situados entre a rúa Martinez Padin e a zona verde zv.140. 2.- Debate e adopción de acordo, se procede, sobre xustificación da: alturas de B + 5 nos denominados PEI-6, PEI-5 e terreos ao norte deste ultimo. 3.- Debate e adopción de acordo, se procede, sobre xustificación das alturas de B + 4 no denominados PEI-7, e B+5 na UE-1 (terreos o norte do PEI-5 e o sur da estación do ferrocarril). 4.- Debate e adopcion, se procede, sobre grafiado das arbores taladas no denominado pei-6 (bic finca Patazumba). 5.- Debate e adopción, se procede, sobre a SU-3 (ampliación do solo industrial de Ribadelouro). 6.- Debate e adopción de acordo, se procede, sobre a E-35 ( zona deportiva na Veiga do Louro) 7.- Debate e adopción de acordo, se procede, sobre uso do subsolo na zv-150. 8.- Debate e adopción de acordo, se procede, sobre o uso da parcela municipal na Avenida da Concordia ( Can Fran) 9.- Debate e adopción de acordo, se procede, sobre a afección de terreos lindeiros a parcela municipal na Avda. da Concordia (Can Fran), para posible ampliación futura do Centro de Saude e aparcadoiro do mesmo. 10.- Á vista da crisis do sector inmobiliario, e no ánimo de considerar o pobo de Tui e os titulares afectados, propoñemos: que o concello de Tui recompre as propiedades das unidades dos denominados PEI-6,i EI-5, PEI-7, UE-l, e PEI-8 a os prezos de moneterización do 10% do concello capitalizado a día de hoxe, engadindo no seu caso, os custes de urbanización. |