|
A alcaldesa de Tomiño representou a Galiza nun debate galego-portugués celebrado onte na cidade de Porto |
|
|
|
|
Martes, 29 de Abril do 2008 |
|
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, asistiu onte a tarde en Porto (Portugal) a un debate organizado pola Asociaçao Cívica e Cultural desa cidade, sobre o tema “Porto/Galicia – O Noroeste da Península Ibérica”.
A alcaldesa asistiu a este foro representando a Galiza, coa intención de analizar as relacións entre os dous pobos veciños e facer unha descrición da realidade socio-económica, cultural e lingüística galega na actualidade. "Estou moi satisfeita de que me elixiran para falar dos municipios e da realidade galega, xa que como alcaldesa dun concello fronteirizo e con vocación de comunicación con Portugal, como é Tomiño, entendo que calquera esforzo por analizar e fomentar as relacións entre os dous pobos, é moi positivo", salientou a rexedora local. Sandra González compartirá mesa coa eurodeputada lusa Elisa Ferreira, ex-ministra de Planeamento e Ambiente; o rector da Universidade Lusófono, de Porto, Fernando Santos Neves, e o profesor catedrático de Filosofía, do Instituto de Letras Humanas da Universidade do Minho, Norberto Cunha. |