|
Reproducimos íntegramente, ao igual que fixemos onte co escrito-denuncia de Manuel González Iglesias, a resposta de Santiago Vergara, Secretario Xeral do PSOE de Tomiño.
En relación ao escrito remitido por D. Manuel González Iglesias, no que se fai mención da miña persona e no que se verquen algúns aspectos inexactos, acollendo o meu dereito de réplica, teño que manifestar o seguinte: O vertedeiro do que fala o Sr. González Iglesias é unha zona onde tradicionalmente os veciños depositaban restos vexetais e onde agora algúns desaprensivos deixan cascallos e mobles entre outros restos. O Sr. González Iglesias é coñecedor de que unha das miñas primeiras actuacións como concelleiro foi ordenar a delimitación da zona, plantexándo mesmo o corte do camiño de acceso a mesma, cousa que non se fixo por prevención en caso de incendios ou emerxencias. Tampouco resultaba razoable a exixencia do Sr. González Iglesias de destinar un axente da policía local a vixilancia permanente do lugar. O Sr. González Iglesias sabe que desde o primeiro momento se solicitou orzamento para proceder a limpeza, recuperación e pechado da zona, orzamento que ascendeu a mais de 49.000 €. Desde a miña responsabilidade de xestionar os cartos de todos, optei por priorizar o investimento no saneamento e no abastecemento de auga potable.E isto non quere dicir que non se atenda a outros temas, como a limpeza dos vertedeiros incontrolados que temos en varios puntos do Concello e que seica o Sr. González Iglesias descoñece. Nese senso estamos a espera da publicación das subvencións da Consellería de Medio Ambiente para poder realizar algunhas actuacións, das que sería prioritaria, a limpeza da Carballa. Ademais no novo contrato de recollida de lixo se estableceu a recollida controlada de cascallos de obra, restos de poda e similares, potenciándose a recollida de voluminosos xa existente que precisamente son os restos que maioritariamente aparecen na Carballa. Como secretario xeral da Agrupación Local, lamento que o Sr. González Iglesias traslade ao público o que en calquera caso debería ser un debate interno. Demostra así unha total falla de lealdade co seu partido e os seus compañeiros, do que tomamos boa nota. Para finalizar quero pedir desculpas a verdadeira militancia socialista polo penoso espectáculos que algúns individuos, dende o resentimento, empéñanse en dar. Santiago Vergara Álvarez Secretario Xeral da Agrupación Relacionada: Denuncian vertidos incontrolados no vertedeiro da Carballa en Tomiño |