topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456348

Alternativas visuais

js_element_orange
Galicia e norte de Portugal desenvolverán un proxecto europeo de calidade do emprego transfronteirizo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 de Abril do 2008

Galicia e Norte de Portugal colaborarán no proxecto europeo Accept, de Apoio á Competitividade e á Calidade do Emprego Transfronteirizo. O plan desenvolverase nos anos 2009 e 2010, no marco do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España-Norte de Portugal 2007-2013, que contará cunha financiación global de preto dun millón de euros.

 

Segundo explicou o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, o obxectivo deste proxecto será favorecer a competitividade das empresas e fortalecer os requisitos da responsabilidade social empresarial (RSE) nas formas de traballo transfronteirizo, a través de actuacións inspectoras, de análise e de coordinación entre institucións de Galicia e Norte de Portugal. No proxecto participan como socios, ademais da Consellería de Traballo, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Instituto do Emprego e Formación de Portugal-Delegación Norte, engadiu.

 

Ricardo Varela avanzou a posta en marcha deste plan con ocasión da reunión de traballo sobre os dereitos dos traballadores transfronteirizos celebrada onte e na que están a participar as autoridades laborais de Galicia e Portugal, xunto cos respectivos corpos da Inspección de Traballo, así como representantes das correspondentes organizacións sindicais e empresariais. O obxectivo do encontro, que se desenvolveu no Mosteiro de San Clodio, é adoptar un plan de actuación para reprimir as actuacións infractoras, mellorar a coordinación da vixilancia e control dos dous países e definir un plan de actuación concreto conxunto.

 

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.