topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456490

Alternativas visuais

js_element_orange
A alcaldesa de Tomiño asina un convenio con Vicepresidencia para regular a integración da escola infantil na rede de Galescolas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 de Abril do 2008
  • O obxectivo para finais de 2008 é que a Rede conte con 85 Galescolas, que medrarán ata as 121 ao remate da lexislatura

O Vicepresidente da Xunta coa Alcaldesa de Tomiño ao fondo, no acto de sinatura do convenio

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asinou onte en Santiago un convenio con Vicepresidencia coa finalidade de regular a integración da escola infantil municipal na Rede de Galescolas.

 

Segundo declaracións da alcaldesa, este convenio "vai supoñer unha mellora na calidade do servizo ao integrarse a escola dentro dunha infraestructura educativa a nivel galego e respaldada pola Xunta". Así mesmo, melloraranse as condicións das traballadoras e crearase unha nova praza. De tódolos xeitos, a inclusión da actual escola na Rede de Galescolas non suporá ningún cambio durante o presente curso lectivo, tal como a rexedora adiantara xa aos pais e nais ao principio do proceso.


O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, salientou "o traballo man a man que están desenvolvendo Xunta e Concellos para reforzar os recursos de igualdade e benestar por todo o país". Como exemplo desta colaboración e cooperación a sinatura con distintos alcaldes, dos convenios para regular a xestión de escolas infantís municipais que pasan a integrarse na Rede de Galescola, con presenza de todas as forzas políticas -8 alcaldes do PP, 3 do PSOE, 4 do BNG e 1 independente-.


Quintana explicou porque estes concellos tomaron a decisión de pasar as súas escolas infantís á Rede Galega de Escolas Infantís. "Os concellos toman a determinación de incluír as escolas na Rede de Galescola, non as traspasan á Xunta, senón que o que fan é incluílas na Rede que xestiona o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que non é a Xunta nin é a Vicepresidencia, senón que é un ente estable de colaboración". O vicepresidente expuxo que estes concellos van seguir xestionando as súas escolas en colaboración coa Xunta. "Non se trata de desentenderse delas, senón que se pasa dunha xestión individualizada a unha xestión mancomunada".


O mandatario galego lembrou que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ademais de ser unha ferramenta útil para os concellos porque supón unha nova maneira de entender as relacións entre Xunta e concellos, resulta tamén unha "ferramenta útil e valiosa" para as persoas, xa que ofrece respostas en positivo ás necesidades e expectativas da cidadanía.


Catorce novas galescolas

Tras os convenios asinados hoxe, 14 novas escolas infantís intégranse na Rede de Galescola, contándose así na Rede un total de 564 prazas.


Lembrou que o obxectivo para finais deste ano 2008 é dispor de 85 galescolas e 3.168 prazas. Os equipos multidisciplinares de persoal pasan a estar formados agora por un total de 259 profesionais, un 43% máis que antes.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.