topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3472201

Alternativas visuais

js_element_orange
A Guardería Infantil do Rosal integrarase na rede de Galescolas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 de Abril do 2008

O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, co Alcade do Rosal, Jesús Fdz. Portela ao fondo, no acto de sinatura do convenioO Alcalde do Rosal asinou onte un convenio con Vicepresidencia a través do cal, a Guardería Infantil do Rosal, integrarase na Rede de Galescolas.

 

Deste xeito, a guardería do Rosal pasará a estar xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, un ente de colaboración entre a administración autonómica e local, e que segundo o Vicepresidente da Xunta, o nacionalista Anxo Quintana, "non se trata de desentenderse delas, senón que se pasa dunha xestión individualizada a unha xestión mancomunada". O mandatario galego lembrou que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ademais de ser unha ferramenta útil para os concellos porque supón unha nova maneira de entender as relacións entre Xunta e concellos, resulta tamén unha "ferramenta útil e valiosa" para as persoas, xa que ofrece respostas en positivo ás necesidades e expectativas da cidadanía.


Outross concellos asinantes foron os de Allariz, Antas de Ulla, As Neves, Burela, Culleredo, Lousame, Mondoñedo, Muíños, O Pino, O Rosal, Riós, Tomiño, Vilamartín de Valdeorras e tamén a Mancomunidade das Terras do Navea-Bibei (San Xoán de Río, Manzaneda e Pobra de Trives). Tal e como explicou o vicepresidente, a de hoxe -por onte- supón unha convocatoria que radiografía a pluralidade política do país, con presenza de todas as forzas políticas (8 alcaldes do PP, 3 do PSOE, 4 do BNG e 1 independente).

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.