topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456384

Alternativas visuais

js_element_orange
Medio Rural facilita a tramitación electrónica das axudas destinadas á incorporación de mozos e aos plans de mellora de explotacións PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 de Abril do 2008

O director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, Xosé Carballido, presentou a aplicación informática E-melloras, que supón unha das principais novidades para a tramitación das solicitudes de axuda á incorporación de mozas e mozas á actividade agraria e a plans de mellora en explotacións agrarias, consistente na posibilidade de avaliar a solicitude, e mesmo enviala, a través de internet.

 

Os motivos para desenvolver E-melloras son varios, segundo explicou Xosé Carballido, "por unha banda, trátase de satisfacer unha solicitude dos distintos axentes do sector agrario, que pedía unha ferramenta que lles permita analizar a viabilidade dos investimentos que se realicen nas explotacións agrarias e, por outra banda, é preciso facer uso das novas tecnoloxías na xestión administrativa, de xeito que os técnicos das oficinas agrarias comarcais aforren tempo na tramitación e dispoñan dese tempo para a asistencia aos usuarios dos servizos públicos".


"Que neste período lexislativo se teñan incorporado máis de 2.000 mozos e mozas a actividade agraria con axudas de primeira instalación, e que máis de 4.000 explotacións agrarias teñan recibido apoio económico e financieiro para a modernizacións das súas instalacións mediante as axudas a Plans de Mellora é, sen dúbida, motivo de satisfación para a Consellaría do Medio Rural", sinalou o director xeral.


"Este elevado número de solicitudes en pouco máis de dous anos fai que debamos activar mecanismos para que toda esta mocidade e todas as explotacións agrarias conten co apoio e asesoramento necesario para levar adiante estes procesos", engadiu.


As funcións da aplicación de E-melloras son coñecer os índices esixidos para poder acceder a unha axuda da primeira instalación e/ou unha axuda para plans de mellora; realizar estudos de plans de melloras en explotacións agrarias para determinar a viabilidade dos mesmos (a persoa que use o sistema poderá gardar o seu estudo e modificalo ata que o envíe a través da rede informática á Consellería do Medio Rural) e emitir impresos de solicitude, do estudo ou proposta á entidade financeira, que unha vez cubertos poderá presentalos nas Oficinas Agrarias Comarcais Agrarias (OAC´s) para concluír o proceso de tramitación.


Como en toda aplicación informática, o valor da mesma reside na calidade da información que se lle ofrece. Para evitar posibles erros, as persoas solicitantes de axuda poderán requirir os datos das súas explotacións nas OAC´s. Con eles, a persoa que utilice E-melloras poderá facer un uso máis correcto e axeitado ás súas necesidades. En calquera caso, cómpre subliñar que o solicitante é o responsable da súa solicitude, e deberá de coidar que a información sexa a correcta, polo que no caso de dúbida deberá dirixirse aos servizos da Consellería do Medio Rural.


Unha vez que a solicitude chegue á Consellería do Medio Rural, verificarase que cumpre as condicións para acceder á axuda e, no caso de atoparse con algún erro, a persoa solicitante será requirida na OAC máis próxima e asistida no seu trámite de solicitude.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.