|
“Sindicalismo na Galiza”, acto de Galiza Nova en Tui |
|
|
|
|
Xoves, 01 de Maio do 2008 |
|
O próximo venres día 2 de maio de 2008, terá lugar en Tui un acto de Galiza Nova do Baixo Miño baixo o título “Sindicalismo na Galiza”, este acto desenvolverase na sala Félix Rodríguez, situada na traseira da Area Panorámica en Tui.
O acto comezará ás 21:15 horas, e nel participarán Víctor Pérez, Responsable Local de Galiza Nova en Tui; Breixo Lousada, membro de Galiza Nova e sindicalista da C.I.G. e Marta Dacosta, membro da executiva nacional da C.I.G Ensino e profesora no IES de Tomiño. O acto centrarase nun pequeño repaso da historia do sindicalismo galego, dende as súas orixes até os nosos días, recordando algunha das loitas obreiras mais importantes. Ademáis, falarase sobre a importancia dos sindicatos nos nosos días e sobre os dereitos do traballador, os cuais están sendo usurpados en grande medida. |