topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3459203

Alternativas visuais

js_element_orange
O documental “Fronteiras” na Guarda PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 de Maio do 2008

O departamento de cultura do Concello da Guarda en colaboración coa Consellaría de Cultura, dentro do programa “Cinemas Dixitais, proxectará este venres 2 de maio ás 21:30 no Centro Cultural, o documental FRONTEIRAS, dirixido por Rubén Pardiñas.

 

O documental repasa as diferencias que existen entre os límites administrativos de Galicia e os sociolingüísticos. Sen chegar a tomar partido sobre a galeguidade dos territorios asturianos, leoneses ou portugueses próximos á fronteira galega, a película reflexiona sobre como a lingua e a cultura son alleas ás divisións políticas e sobre como un concepto tan difuso como a identidade se estende a través delas.

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.