topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3474586

Alternativas visuais

js_element_orange
Preséntase o Filminho, a festa do audiovisual galego e portugués! PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 de Maio do 2008

FilminhoDo 22 ao 27 de xullo vai acontecer unha das maiores experiencias transfronteirizas nunca realizadas entre Galiza e Portugal: unha festa de convivio entre o audiovisual galego e portugués. Un evento verdadeiramente internacional xa que acontece fisicamente entre dous países, unha proposta singular que acolle as localidades de Vila Nova de Cerveira e Goián (Tomiño).

 

Esta festa do audiovisual galego e portugués está organizada pola asociación cultural Morraceira, a Câmara Municipal de Cerveira e o Concello de Tomiño. Unhas institucións que apostaron decididamente por unirse neste proxecto de enormes posibilidades culturais e sociais.


Así, en tres meses, as terras do Miño van a ser testemuñas de excepción de cómo se vai erguer unha nova ponte sobre o río. Desta vez non se vai empregar o formigón, o audiovisual vai ser o medio chamado para ligar as dúas ribeiras. A imaxe en movemento tórnase na fermenta máis axeitada, polo seu dinamismo e recepción pola xente nova, para achegar máis aos galegos e aos portugueses, habitantes de distintos países que comparten a mesma cultura.


O Filminho ten como o obxectivo principal promover o coñecemento do moito que une ás xentes que separa o Miño. Para iso se recorre ao audiovisual, testemuño sen igual de realidades. A esta necesidade responde a organización, xunto con Ponte nas Ondas, do certame audiovisual "Conta onde vives". En segundo lugar o Filminho está chamado a ser o baluarte co que defender o audiovisual galego e portugués, propiciando producións invisíbeis, con mirada propia e de carácter "non reconciliado", é decir, que non comulguen coa ortodoxia industrial.


A programación do Filminho estructúrase en dúas categorías: "Grande Premio" e o "Cinema Minhoto". Na primeira poderán concorrer todo tipo de produción (duración e xénero) de Galicia e Portugal. Mentres, no Cinema Minhoto vai ser a sección anfitriona destinada a acoller todos os filmes realizados nas terras do Miño ou que teñan unha clara vocación transfronteiriza.


Ademáis das proxeccións o Filminho albergará un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela enfocado cara a mocidade. Unhas actividades comlementarias de formación completadas cun Fórum de Criadores co que se pretende fomentar a realización de filmes no Miño.


O Filminho quere convidar a galegos e portugueses a combinar na raia este verán para disfrutar do seu audiovisual. Xa tes un motivo para combinar as túas feiras no Minho!


Contacto:

www.filminho.info

http://morraceira.blogspot.com/

1º anuncio: http://es.youtube.com/watch?v=nS6_k_un6uw

e-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

tlf: (00351) 919489669

tlf: 606 075192

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.