topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3449631

Alternativas visuais

js_element_orange
O programa de infraestruturas no Medio Rural investirá máis de 328.000 euros en mellorar as dotacións básicas do sector produtivo do Baixo Miño PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 de Maio do 2008
  • Investiranse 17.042.652 euros en 147 concellos de Galiza

 

O Baixo Miño recibirá en investimentos para mellorar as dotacións básicas do sector productivo, 328.600,91 euros da Consellaría de Medio Rural, dentro do programa de infraestructuras.

 

Os Programas de Infraestruturas no Medio Rural prevén a realización de proxectos en todos os concellos de Galiza, desenvolvidos de acordo cuns criterios de dinamización da base produtiva, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación; de infraestruturas de servizos básicos como abastecementos de auga domiciliaria, saneamentos, camiños agrícolas ou pistas rurais; así como aqueles de singular natureza que entren nas competencias da consellaría. Estas actuacións serán financiadas con cargo ao Feader (2007-2013) e con fondos propios da Xunta.


A programación naceu co fin de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas destinadas a mellorar a calidade de vida dos habitantes das zonas rurais e a potenciar o seu desenvolvemento, coa dotación de equipamentos públicos e de servizos básicos elementais necesarios para contribuír a fixar poboación.


A Consellaría do Medio Rural desenvolve outra nova fase do Programa de Infraestruturas no ano 2008 de acordo con proxectos de dinamización da base produtiva e de obras de servizos básicos, na que asinará convenios con concellos para a execución de determinados proxectos no medio rural. En total, nesta etapa investiranse 17.042.652 euros en 147 concellos de Galiza, segundo acordou o Consello da Xunta.


Baixo Miño

No que respecta ao Baixo Miño, os concellos beneficiados serán Oia, cun investimento de 89.384,61 euros, A Guarda, 73.924,55 euros, O Rosal que contará cunha inversión de 56.442,95 euros e Tomiño, que recibirá 108.848,80 euros.


Descarga a listaxe de concellos galegos beneficiados.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.