topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456543

Alternativas visuais

js_element_orange
O PP de Tomiño solicitará ao Seprona e a consellería de Medio Ambiente que actúen ante a existencia dun vertedoiro incontrolado na zona da Carballa PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 de Maio do 2008

O Grupo municipal do Partido Popular de Tomiño solicitará ante o SEPRONA e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que se inicien as dilixencias oportunas para determinar o grao de responsabilidade por parte do Concello e moi especialmente do concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara, na existencia dun vertedoiro ilegal na zona da Carballa -preto do Instituto de Tomiño-.

 

O PP basease nas fotografias aportadas a recente denuncia ante os medios de comunicación por parte dun veciño de Tomiño onde "se pode apreciar a suciedade que impera neste lugar con vertidos de todo tipo".


Así indican os populares que "o Concello debe ser o garante de que a xestión dos residuos sólidos urbans sexa levada a cabo sen prexudica-lo medio ambiente e, en particular impedindo o abandono, os vertidos e, en xeral calquera depósito inadecuado dos residuos", tal como establece a Lei 10/1997 do 22 de Agosto.


Para o voceiro municipal do P.P. , César Pérez, esta situación é consecuencia da desidia do concelleiro de Medio Ambiente e lembra que ten adicación exclusiva polo que cabería esperar unha maior dilixencia no cumprimento da súa obligación, e indica que é "unha proba máis da parálise que afecta a este Concello xa que os veciños/as do lugar levan denunciando reiteradamente que dende fai tempo veñense realizando vertidos de todo tipo sen que por parte do Concello se tomase ningunha medida tendente a correxir e evitar esta situación".


Segundo Pérez Ares, este vertedoiro ilegal atópase moi preto de instalacións deportivas e de ensino; circunstancia que nada axuda a que os/as mozos/as que transitan polas proximidades acaden un grao de sensibilización e concienciación na preservación do medio ambiente que faga posible evitar estas actuacións totalmente rexeitables. "Alcanzar esta sensibilidade no cuidado e protección do noso contorno é o principal obxectivo dos programas de formación ambiental que se veñen desarrollando tanto no ensino primario como no secundario" remata.


Relacionadas anteriores:


 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.