|
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, informa que o IGAPE, BIC Galicia e Xes Galicia, entidades que teñen como principais obxectivos fomentar a creación de novas empresas e promover a mellora da productividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Autónoma Galega poñen en funcionamento unha Rede de Empresarios Mentores (Rede Mentoring).
O obxectivo desta Rede será a articulación dun novo instrumento de apoio á creación, consolidación e crecemento das empresas galegas a través dun proceso estruturado de compartición de coñecemento entre empresarios. As empresas tratarán de conseguir unha opinión externa e, por tanto, máis obxectiva, experta e confidencial dunha persoa cunha intensa traxectoria profesional e que conta co respecto de todos e goza dunha grande reputación. Presentación Tódalas empresas ou posibles mentores interesados nesta iniciativa poden asistir ao acto de presentación da Rede Mentoring, que terá lugar o vindeiro martes 7 de maio no Auditorio do Consorcio da Zona Franca de Vigo. Para participar e necesario inscribirse no teléfono 981 546 823, fax 981546 832 ou na dirección de correo
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
. Para máis información, pórse en contacto con ACITUI no teléfono 986 607 556 ou acudir as oficinas sitas no Paseo da Corredoira, 21-1º Dta. |