|
Tomiño pon en marcha o servizo de cita previa para a obtención do DNI |
|
|
|
|
Sábado, 03 de Maio do 2008 |
|
A Concellería de Seguridade do Concello de Tomiño ven de poñer en marcha o servizo de cita previa para a obtención do DNI. Coa medida inténtase organizar e regular o número de consultas co fin de obter o documento nacional de identidade.
Os interesados deben chamar aos teléfonos 986 62 2001/03 para solicitar unha cita previa cos funcionarios da Policía Nacional dos equipos móbiles para a obtención do DNI, que unha vez ao mes, se desprazan ata Tomiño. Estes equipos atenderán unha media de 30 persoas por mes, xestionando as solicitudes para a obtención do DNI, polo proceso antigo, é dicir, que non tramitarán o DNI electrónico.
|