|
Tomiño contará con dous coordinadores de voluntarios para a prevención de incendios forestais |
|
|
|
|
Sábado, 03 de Maio do 2008 |
|
Tomiño contará cun dispositivo de vixilancia disuasoria do Voluntariado en Defensa do Monte Galego para evitar a aparición de incendios forestais a través da implicación activa da cidadanía.
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade en colaboración coa Concellería de Mocidade do Concello de Tomiño, ven de poñer en marcha dito dispositivo, para o que destinará a Tomiño dous coordinadores que dirixirán aos voluntarios do Baixo Miño nas tarefas preventivas.
Os traballos comezarán nestas semanas e estenderanse ata o mes de setembro, garantindo que durante o verán, estación de máximo risco de lumes, un amplo número de efectivos realicen a vixilancia do monte. Dende a Concellería de Mocidade do Concello de Tomiño, anímase a todas as persoas preocupadas polo coidado do medio ambiente e do monte galego, a apuntarse como voluntarios. Os interesados poden apuntarse chamando aos teléfonos: 900 400 800 e 981 57 76 37, ou ben, consultar as páxinas web www.voluntariadomontegalego.org; www.voluntariadogalego.org; ou www.xuventude.net |