|
O Centro San Xerome Emiliani da Guarda organiza o próximo venres 9 de maio, ás 20:30 horas a II Poxa benéfica de arte galega “Art –Dinner” no decurso dunha cea que se celebrará na Quinta do Ramo, en Forcadela-Tomiño.
Poxaranse corenta traballos artísticos, pinturas, esculturas e xoias de artistas galegos entre os que se atopan nomes moi coñecidos como Leiro, Jorge Barbi, Xosé Luis de Dios, Buciños, Acisclo Manzano, Antonio Heredero, Xuxo Vazquez , Antunez Pousa ou Puri del Palacio. Están expostos na sala de arte do Centro , na Guarda ata o día 7 de maio en horario de luns a venres de 19,00 a 21,00 e os sabados de 18,00 a 21,00 . En total trinta e sete artistas cederon as pezas para esta poxa que vai dirixir o galerista Andrés Amor. Haberá tempo de disfrutar das actuacións dos recoñecidos actores e colaboradores televisivos, Sergio Pazos e Alberto Cunha. O prezo das entradas, que inclue a cea e as actuacións é de 30 euros e poden retirarse en Vigo, na Galería Andres Amor, na rúa Velázquez Moreno, 7, en Tui na tenda de decoración Aldraba, na rúa Compostela 14 e na Guarda no Centro San Xerome Emiliani. As prazas están limitadas, por orden de adquisición, segundo aforo. O Centro San Xerome Emiliani vai destinar os ingresos desta acción solidaria a rematar a rehabilitación dun espazo de formación prelaboral en viveirismo na Finca das Mercedes, na Guarda. A obra ten un orzamento de 20.000 euros, sen contar o mobiliario. Forma parte dun proxecto máis amplo que inclue o traslado do taller de carpinteiría que está ocupando instalacións do Centro de Día .Tamén contempla a apertura dun local para facer venda directa das plantas que se cultivan no viveiro e unha pequena pista polideportiva. Son moitas as persoas empresas e entidades que colaboran nesta iniciativa: Pintores: Ana Legido, Antonio Heredero, Carmen Domínguez, Cecilio Chaves, Fernando Barreira, Fernando Quesada, Fino Lorenzo, Jorge Barbi, Juan Garcés, Leiro, Luís Alcántara, Miguel Carvallo, Miguel Santamaría, Mingos Teixeira, Pedro Solveira, Pilar Alonso, Puri del Palacio, Ramón Mendez Paz,,Santiago Montes Areas, Sula Repani, Xosé Luis de Dios. Escultores: Acisclo Manzano, Acisclo Novo, Alvaro de la Vega, Antúnez Pousa, Bucitos, Camilo Rodríguez Vidal, Caqui Piñeiro, Francisco Pazos, Jesús Balado, Margara Hernández, Pilar Pérez Subiás, Roberto Gonzalez Brey, Victor Lorenzo, Xuxo Vazquez , fotografía de Modesto Martinez e Joyas De La Raspa. Outras colaboracións: Faber produccións, Alberto Cunha, Serxio Pazos, Alcántara Pertners, Andrés Amor, Arte y Bronce, Quinta do Ramo, Quimera Publicidad, Casa Macan, CRDOP Queixo Tetilla, Frigolouro, Halley, Innolat, Lacteos Lorán, Queserías Prado, Mariscos Narcisa, Panadería O Muño, Panadería SINDO, Pastelería Flor y Nata, Pastelería Monstserrat, Pastelería Rogelio, Reivi, Viños Grupo Galiciano, Xuntos. Concello de A Guarda, La Caixa, Caixa Galicia e Caixanova. O CENTRO: Dende hai mais de 25 anos no Centro S. Xerome Emiliani traballa pola integración das persoas con discapacidade intelectual dende todas as frontes: familias, amizade e lecer, educación, eido laboral e cultural...descubrindo, a cada pouco, as capacidades agochadas tralo handicap social imposto da discapacidade. Na actualidade, o Centro atende a mais de un cento de persoas con discapacidade intelectual xunto coas súas familias. |