topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3610275

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
Suárez Canal convoca a mesa do leite para tentar definir o contrato homologado cos axentes do sector PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 de Maio do 2008

O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou que o vindeiro martes, no marco da Mesa do Leite, será abordada a concreción dun contrato homologado para o sector lácteo que regule as transaccións entre produtores e industrias, e permita contar cun horizonte de estabilidade e equilibrar a estacionalidade de prezos.

 

Respecto a esta nova convocatoria da Mesa do Leite, Suárez Canal sinalou que agarda "altura de miras por parte dos diferentes axentes do sector para que o traballo realizado acabe culminando na consecución deste contrato homologado" ao tempo que fixo un chamamento á unidade "porque- asegurou- pensamos que hai boas perspectivas para que o documento quede pechado ese mesmo día e agardamos que as actuais razóns de coxuntura non eviten que esto se poida consolidar".


O conselleiro lembrou que o seu departamento xa puxera enriba da mesa unha proposta de contrato homologado no mes de xullo do pasado ano e que, se ben naquel momento non contou con excesiva receptividade, despois dun traballo discreto e de mediación por parte da Consellaría do Medio Rural, considera que neste momento as circunstancias son máis propicias para chegar a un acordo entre as partes. Suárez Canal asegurou que esta proposta inicial supuxo unha iniciativa pioneira no Estado e destacou que agora esta fórmula mesmo está sendo recollida no ámbito do Goberno español. O documento sobre o que se traballará o vindeiro martes, e ao que os diferentes axentes do sector poderán facer achegas, recolle tanto os prezos base do leite ao longo do ano como a evolución do mercado e dos custes de produción, o que permitirá facer un seguimento da evolución real dos diferentes factores económicos do sector lácteo galego.


O titular de Medio Rural tamén destacou que un dos obxectivos prioritarios nos que leva traballando o seu departamento desde o inicio desta lexislatura é o de acadar máis estabilidade para o sector e promover que os produtores conten con rendas dignas e prezos xustos polo seu traballo. Neste sentido, Suárez Canal insistiu na labor de mediación desenvolvida polo seu departamento, lembrando que a fixación de prezos non entra dentro do seu marco competencial, e fixo referencia aos contratos homologados acadados con anterioridade no sector vitivinícola, "unha ferramenta que -segundo afirmou- tampouco foi acollida con moito entusiasmo nun principio e sen embargo agora todas as partes están satisfeitas con este tipo de acordos".

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.