|
Eliminación de barreiras, instalacion de obstáculos na Guarda |
|
|
|
|
Luns, 05 de Maio do 2008 |
|
“Parece que por momentos se vai dar continuidade o cumprimento da Lei de Accesibilidade e se emprenden traballos para a eliminación de barreiras arquitectónicas, fanse os traballos a medias cunha pasividade e deixadez de quen ten que facer que as cousas funcionen ben” din os concelleiros de Terra Galega.
Así, indican que basta un paseo pola localidade guardesa para ver a falla de sensibilidade coas persoas con minusvalías, atopando beirarrúas con andamios que non permiten o paso das persoas; boredes excesivamente altos, irregularidades no terreo.... Denuncian que recentemente arranxose unha rampa de acceso de cadeiras de rodas e coches de nenos no inicio da Rúa Puerto Rico, e que de xeito inmediato, un vehículo do concello vinculado con ditas obras ocupou o espazo de acceso a rampa, permanecendo alí todo o día. Pregúntanse os concelleiros de TG si nese tempo non pasou por alí ningún membro do grupo de goberno nin da Policia Local que obrigara a retirar dito vehículo. "Non estamos falando dún lugar que queda escondido, senon que é paso obrigado moitas veces no día para os resposanbles municipais a nivel político e Policia" sinalan. |