topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3449210

Alternativas visuais

js_element_orange
Campaña de apoio á hostelería e ó pequeno comercio “Venres gastronómicos” de ACIGU PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 de Maio do 2008

Carmen BragaA Presidenta da Asociación de Empresarios de A Guarda – ACIGU CCA, Carmen Mª García Braga, presentou onte un proxecto de apoio á hostelería e restauración e ó pequeno comercio guardés, cuxo obxectivo é a promoción hostaleira e comercial dos establecementos integrados en ACIGU CCA.

 

ACIGU, neste proxecto, presenta, un ano máis, a Campaña dos Venres Gastronómicos cuxas bases son as seguintes:

 

Consiste en que todas aquelas ceas en parella con un importe igual ou superior aos 40 euros, recibirá un cheque - compra por valor de 5 euros, que poderán consumir en calquera establecemento asociado, excluíndo o sector da hostelería e da restauración.

Para poder recibir este cheque - compra, os interesados deberán presentar, ao día seguinte (sábado), na sede de ACIGU o ticket de caixa do restaurante onde fixeron a devandita consumición.

 

As datas que coinciden con estes venres gastronómicos son:

  • 30 de maio

  • 27 de xuño

  • 26 de setembro

  • 31 de outubro

  • 28 de novembro

 

Este proxecto, totalmente gratuíto para os asociados, pretende impulsar unha restauración e un comercio local de calidade.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.