topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3459201

Alternativas visuais

js_element_orange
Mesa redonda sobre “Xosé María Álvarez Blázquez, historiador e arqueológo” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 de Maio do 2008

Continuando coa programación preparada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui dentro das actividades do “Ano Xosé María Álvarez Blázquez” o mércores 7 de maio ás 20,00 horas do serán a Sala de Actos do Museo Municipal, no antigo convento de San Domingos, acollerá unha nova mesa redonda para analizar a traxectoria de Xosé María Álvarez Blázquez como historiador e arqueólogo e que contará coa participación de tres destacados especialista que tiveron amais relación persoal co intelectual tudense. Trátase de Fernando Acuña Castroviejo, Clodio González Pérez e Xoán Martínez “Tamuxe”.

 

Fernando Acuña é catedrático de historia na Universidade de Santiago de Compostela e compartiu con Xosé María Álvarez Blázquez diversas pescudas e investigacións de carácter arqueolóxico, como por exemplo as desenvolvidas na cista megalítica atopada na parroquia de Atios, en O Porriño. Pola súa banda, Clodio González Pérez, é un dos principais especialistas na etnografía de Galicia, e coñece ao escritor tudense dende a súa nenez e ten estudado a súa vida e obra para a recente biografía que saíu do prelo da editorial Toxosoutos. Finalmente, Xoán Martínez "Tamuxe", investigador na historia e arqueoloxía da comarca do Baixo Miño, é na actualidade Presidente do Instituto de Estudios Tudenses, e compartiu con Álvarez Blázquez a posta en marcha, vai para corenta anos do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño.


A presenza deste especialistas acreditados que posúe amais unha experiencia persoal de coñecemento e traballo conxunto con Xosé María Álvarez Blázquez garante que esta mesa redonda resultará certamente de interese para un achegamento a unha das principais facetas desenvolvidas por Álvarez Blázquez ao longo da súa traxectoria persoal e intelectual.


Para Moisés Rodríguez Pérez, concelleiro de cultura do Excmo. Concello de Tui resulta unha satisfacción a celebración desta mesa redonda como xa resultou a desenvolvida a semana pasada, coa presenza dos escritores Xosé María Álvarez Cáccamo, Dario Xohán Cabana e Xavier Rodríguez Baixeras pois achéganse ata Tui para participar nestas actividades persoeiros destacados da cultura galega que patentizan o importante nivel acadado polo Concello de Tui na organización deste programa de actividades do "Ano Xosé María Álvarez Blázquez".

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.