|
Presidencia apenas achega 11.000 euros a entidades locais do Baixo Miño |
|
|
|
|
Martes, 06 de Maio do 2008 |
|
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza –a través da Dirección Xeral de Administración Local- achega apenas 11.000 euros ás entidades locais do Baixo Miño dun total de 452.950 que se destinan en toda Galiza.
Así, para a contratación de auxiliares de policía local para a tempada estival, os beneficiados na comarca do Baixo Miño son A Guarda con 4.500 euros, Tomiño con 1.500 e Tui con 2.500. As axudas para o fomento do asociacionismo municipal que teñen como obxectivo a realización de estudos e proxectos para a constitución de mancomunidades, áreas metropolitanas e consorcios e tamén se adican a gastos de funcionamento das entidades intermunicipais xa constituídas, a Mancomunidade intermunicipal do Baixo Miño corresponderalle 2.500 euros. |