|
César Pérez Ares, califica de “farol” as declaracións de Touriño con respecto o Plan Íntegra |
|
|
|
|
Martes, 06 de Maio do 2008 |
|
O parlamentario do Partido Popular César A. Pérez Ares considera una farsa que o Presidente da Xunta de Galicia, Sr. Touriño, anuncie un proxecto denominado Plan Íntegra que consiste en meras declaracións de intencións xa que, a día de hoxe, non ten garantía de poder materializarse por non contar cos fondos necesarios para poder levar a cabo o que poidera ser a autovía Tomiño – Gondomar.
Por outra parte, dende o PP din que seguen pendentes de facerse realidade obras xa proxectadas dende fai bastante tempo e que son básicas o progreso e desenrolo da Comarca do Baixo Miño . Destacan as seguintes: Este deputado insta ó Sr. Touriño a que cumpra co xa previsto facendo realidade unha infraestructura como é o Vial de Alta Capacidade que acumula un retraso considerable e que é vital para o desenrolo da Comarca do Baixo Miño e a que dé resposta satisfactoria as reiteradas demandas de medios e persoal tanto no ámbito sanitario como no xudicial. O mesmo tempo pídelle ó Presidente da Xunta que deixe de "despistar" aos veciños/as anunciando un Plan Íntegra que carece de todo soporte económico para poderse levar a cabo a medio prazo. Segundo Pérez Ares o Sr. Touriño carece de credibilidade cando non é capaz de concluir o previsto e é incapaz de dar solución ao inmediato e fala do futurible anunciando obras a 15 anos vista. |