topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3449695

Alternativas visuais

js_element_orange
Gustavo Almeida no Bar Liceum do Porriño PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 de Maio do 2008

Este venres Gustavo Almeida, cantante e compositor brasileño estará no Bar Liceum do Porriño. Fillo da consagrada cantante brasileira Ellen de Lima e irman do tamén cantante Rodrigo Almeida, deixou o seu pais fai algúns anos para viaxar por Europa e coñecer outras culturas.

 

Cantantes como Djavan, Caetano Veloso, Jorge Vercilo, Serrat, Sabina, Ricardo Arjona, Luis Quintana entre outros, mesturanse a súa esencia persoal para que dende aí xurdira o seu primer CD "Por si me escuchan..."(noviembre,2005) e as súas últimas composicións que comporan o seu próximo traballo discográfico.  

 

A inquietude por dar a coñecer o seu traballo levouno, soio, ou con banda, a todos os sitios que lle abren as súas portas, xa actuou en Madrid, Gran Canaria, Tenerife, incluso Londres, e en todos os  rincóns de Galiza, cunha especial mención a presentacion do seu primer CD, cando encheu o Teatro Principal de Pontevedra. Tamen formou parte de proxectos musicais importantes, como o Ciclo "As nosas musicas" da fundación Caixa Galicia co cal percorreu 37 concellos de Galiza con musicos da talla de Joao Afonso, Luar na Lubre ,ou Milladoiro entre outros.

 

Neste concerto Gustavo estará acompañado polos músicos Marcos Rodríguez (Percusión), Carlos Andrés (Baixo) e Ricardo Ferreira (Guitarra e voces). Interpretará temas do seu primeiro CD e do segundo que está a punto de sair. Neste segundo disco gravado no seu Brasil natal, Gustavo Almeida contou coa colaboración de musicos da talla de Marcelo Martins (sax), Paulo Calasans (teclados) ou os fillos do mismísimo maestro Djavan, Max Viana (guitarra) & Joao Viana (batería) entre outros, ademáis dun dueto co cantante Jorge Vercilo, a nova perla da música brasileira con máis de 5 millons de discos vendidos no Brasil. 

 

Sera o venres 9 de Maio as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 6 anticipada e 3 para socios.

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.