topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456499

Alternativas visuais

js_element_orange
Cultura achegará 400.000 euros aos concellos de menos de 50 mil habitantes para a organización de actividades culturais PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 de Maio do 2008

A Consellaría de Cultura e Deporte apoia as programacións culturais popias dos concellos de menos de 50.000 habitantes cunha liña de subvencións. Cultura achegará 400.000 euros para a realización de actividades, principalmente nos eidos da música e as artes escénicas, o fomento da lectura e a recuperación da memoria histórica.

 

A orde de subvencións foi publicada no D.O.G. de onte. As axudas están dirixidas a concellos e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia. Os solicitantes teñen un mes de prazo a partir de hoxe para pedir estas axudas, que poden chegar como máximo aos 30.000 euros por subvención.

O obxectivo da Consellaría é fomentar a realización de actividades culturais propostas e impulsadas desde os concellos e as súas entidades propias. As actividades que terán carácter prioritario son aquelas que teñan por obxecto desenvolver programacións estables de artes escénicas e musicias, as de promoción do libro e a lectura e as da recuperación da memoria histórica. Quedan excluídas desta orde as festas gastronómicas e as festas locais ou patronais.

 

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.