topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3472507

Alternativas visuais

js_element_orange
'A república dos soños´, da guardesa Isabel Martínez, na programación dos Encontros de Viana PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 de Maio do 2008

A realizadora guardesa Isabel Martínez acometeu un proxecto documental de indudábel valor transfronteirizo a reflectir a circunstancia da existencia do Couto Mixto. Esta curtametraxe foi seleccionada nos Encontros de Viana e se presentadará o venres, día 9, ás 21h00.

 

Menos mal que nos quedaba o Couto Mixto... como o único camiño da utopía. A república dos soños é un documental que pretende reflectir as nevoas do paso do tempo e da constancia da memoria. Apesares desta circunstancia non desbota facer unha crónica histórica da evolución deste territorio e a pregnación deste estatus diferencial nas xestes que, ao día e hoxe, viven nel.

 

Isabel Martínez é unha realizadora que nace na Guarda e que tras formarse na Coruña traballou en proxectos para televisión e que este proxecto supón o seu paso ás curtametraxes. A república dos soños é un documental con forte til nas relacións transfronteirizas. Deste feito da conta a súa escolma para a programación dos Encontros de Viana deste ano.

Fonte: Xurxo González da Axencia Audiovisual Galega

 

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.