topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3472184

Quen está conectado?

Temos 3 convidados conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
O PPdeG promove unha iniciativa para que o kiwi galego dispoña dunha indicación xeográfica protexida PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 de Maio do 2008

Conseguir que o kiwi galego dispoña dunha indicación xeográfica específica, como distintivo de calidade deste produto, é o obxectivo dunha proposición non de lei promovida polo PPdeG e que se debatirá este xoves no Parlamento de Galicia, xusto cando se cumpren 30 anos da introdución das primeiras prantacións desta froiteira de orixe chinesa.

 

A proposta foi elaborada polo deputado popular César Pérez Ares, que argumenta que nun mercado internacional aberto e competitivo, o sector agrario debe fomentar produtos agroalimentarios de calidade diferenciada. Esta -entende o deputado- constitúe a estratexia axeitada para atender as demandas dos consumidores, cada vez máis sensibilizados respecto a calidade, seguridade salubridade dos produtos alimentarios.


Nas tres décadas transcorridas desde a implantación do cultivo do kiwi en Galicia, as plantacións desta especie acadan xa unha superficie de arredor de 500 hectáreas a día de hoxe. O feito de que esta pranta requira climas temperados, explica que a maior parte das parcelas de cultivo esteas asentadas na comarca do Baixo Miño, que concentra arredor de 350 hectáreas.


Con todo, a maior concentración rexístrase no concello de Tomiño, onde ten a súa orixe o 45% da produción de kiwi de Galicia. A elevada produtividade das explotacións galegas dedicadas a esta froita, xunto coa calidade dos froitos e as súas excelentes cualidades nutricionais fan que o cultivo desta especie continúe espertando un crecente interese para o sector primario das comarcas galegas que presentan un clima suave.


Ademais de Pérez Ares, a proposición non de lei tamén está asinada polo voceiro de Medio Rural do Grupo Popular, Roberto Castro García.


 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.