topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456511

Alternativas visuais

js_element_orange
Acordo unánime na Mesa do Leite para impulsar un contrato homologado para o sector lácteo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 de Maio do 2008

Imaxe da reunión da mesa do leite celebrada onteA Mesa do Leite vén de acordar por unanimidade impulsar a sinatura dun contrato homologado para o sector lácteo galego a partir do modelo tipo proposto pola Consellaría do Medio Rural, na súa labor de mediadora entre os diferentes axentes do sector.

 

Despois da xuntanza celebrada onte a tarde, os diferentes representantes do sector acordaron unha marxe de tempo para introducir diferentes achegas de índole técnica -concretamente ata o 16 de maio- , que a Consellaría do Medio Rural incorporará ao documento definitivo para a súa sanción na vindeira xuntanza da Mesa do Leite, que quedou fixada para o 22 de maio. Ante este acordo, o conselleiro do Medio Rural destacou que "estamos ante un paso histórico para o sector lácteo galego, o que permitirá traballar cunha perspectiva de medio e longo prazo, para articular o sector e regular as relacións entre produtores e industrias cun horizonte anual"


Suárez Canal aproveitou para felicitar aos axentes que participaron na Mesa do Leite por acudir á xuntanza con altura de miras e sen circunscribirse á coxuntura concreta do momento. Lembrou, asimesmo, que unha vez se ratifique este acordo e se chegue a establecer un prezo de referencia, o sector contará cun horizonte estrutural no que se evitarán as situacións tan acusadas de subas e baixas de prezos que se viñan producindo ata o momento, o que evitará que se repitan contextos preocupantes como o actual para o elo máis débil da cadea como é o produtor. O conselleiro tamén avanzou que "este acordo, ademais de articular o sector lácteo galego tamén pode ser un mecanismo para articular o sector lácteo a outros niveis".

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.