|
Acigu reclamalle ao concello que faga cumprir a Ordenanza Municipal Reguladora da Venda Ambulante |
|
|
|
|
Mércores, 07 de Maio do 2008 |
|
A Asociación de Comerciantes e Industriais da Guarda (Acigu) presentou onte no concello unha reclamación na cal solicita do goberno municipal que faga cumprir a Ordenanza Municipal Reguladora da Venda Ambulante.
No escrito, que presentou a súa presidenta Carmen García Braga, e atendendo a queixas recibidas polos seus asociados, solicitan do concello lles informen sobre unha serie de cuestións relacionadas co "mercadillo dos sábados". Así, pídenlle ao concello relación dos títulares dos postos do mercadillo e dos títulares dos postos que estiveron o día 3 de maio; situación dos cobros dos citados postos; o informe do protocolo de inspección de todos os sábados....Preguntan, asemade, por que se está permitindo en dobre fila aos titulares dos postos, cando ao resto da poboación lle está prohibido e polas medidas que están a tomar para evitar a "venda ambulante indiscriminada", xa que, segundo nota de prensa de Acigu, "diariamente os comerciantes recibimos nos nosos establecementos as visitas de cortesía intentando vendernos os seus productos" como a toda cidadanía deste pobo. Rematan solicitando do concello faga cumprir a Ordenanza Municipal Reguladora da Venda Ambulante e que se lle de resposta a todos os temas sinalados a maior brevidade posible. |